Estás aquí:

Código: 1956

Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado

23,10 € IVE INCLUIDO

Froito dun traballo xornalístico pouco frecuente, nestas Conversas cun vello revoltado faise un retrato do poeta Antonio Tovar ao tempo que se reconstrúe o período vital e a circunstancia histórica vivida por esta singular e insubornable testemuña do seu tempo.

Cun limiar do profesor Xesús Alonso Montero, as conversas son froito dun traballo pouco frecuente no xornalismo galego: entrevistar durante corenta e oito semanas a un escritor.

Xosé Manuel del Caño realizou un traballo paciente e rigoroso ao recoller as opinións e lembranzas de Antonio Tovar desde abril do ano 2002 ata febreiro do 2003.Xosé Manuel del Caño estrutura as entrevistas de tal xeito que mantén o interese da lectura e transmite o xeito de falar directo e categórico do poeta.

De Vicente Risco ao Partido Comunista, de presenza da morte ao amor, de Ourense a Galicia, neste libro viáxase pola vida e obra literaria dun autor de personalidade auténtica e senlleira. A literatura, a política e os amigos xorden neste libro a través da voz do propio poeta, que fala sen cancelas e logra apreixar o lector ou lectora nunhas verbas cheas de coherencia vital, lucidez e radicalidade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 264
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 12/05/2005
Dimensións 140 x 210 mm.
Colección: Memoria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-806-4
Observacións:

AUTORES/AS

Caño, Xosé Manuel del
del caño

Nace en Santa Eufemia (Celanova) no ano 1955 e é redactor de Faro de Vigo en Ourense, xornal no que se publicou un adianto de Conversas cun vello revoltado. Tamén foi director da revista Follas Secas e impulsor da recuperación da casa de Manuel Curros Enríquez. Fundador do Premio Celanova, casa dos poetas, é autor dos libros O mal tempo (1981), Lembranzas dun home (1983), Once nudos I (1984), Once nudos II (1985), Areas (1990), Conversas con Manuel María (1990), Cen galegos (1993), Guía de Ourense (1996), Literaria (1997), Historia Ilustrada de Ourense (2001), Salgroso/ A muller de Lot (2002), Historia, literatura, nación (2005), O misterio de Carlos G. Reigosa: Conversas (2007), Xuizo, sentenza e condena. Conversas con Alfredo Conde (2009), O contencioso de Sargadelos (2009), Ourense, Atenas de Galicia (2014), entre outros.

As súas obras

Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado
antonio tovar
23.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Memoria

A ditadura portuguesa contra Castelao
9788411764834
23.40€ CON IVE
A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981
conquista
25.10€ CON IVE
A Galicia de Montevideo
galicia
25.10€ CON IVE
Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968
derby
24.20€ CON IVE
Álvaro de las Casas. Biografía e documentos
alavaro de casas
24.30€ CON IVE
Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado
antonio tovar
23.10€ CON IVE
Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.indd
30.10€ CON IVE
Artigos en La Nación
artigos na nacion
19.10€ CON IVE