Estás aquí:

Código: 1995

Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976

28,30  IVE INCLUIDO
Velaquí a correspondencia entre dúas figuras chave da cultura galega
dos anos centrais do século XX: Sebastián Martínez-Risco e Ramón Otero Pedrayo. Máis de cento cincuenta cartas do autor de Trasalba e sesenta de quen foi presidente da Real Academia Galega. Desde o ano 1926 até o 1976, en que morre Otero Pedrayo, os dous autores tratan asuntos variados, nos que predominan a actividade cultural, fundamentalmente arredor da Real Academia Galega, dos seus actos e iniciativas, xunto co proceso de elaboración das propias obras e as súas peripecias editoriais. Non faltan aspectos íntimos e persoais que poñen ao descuberto a calidade humana dos dous amigos: tristezas e alegrías por avatares familiares, humildade e modestia ao rexeitaren honras e louvanzas, xenerosidade no cumprimento de tarefas en prol da causa galeguista, conflitos e tensións coa sociedade do seu tempo, desinterese por prebendas persoais. Un canto á amizade como refuxio durante a longa noite de pedra, en pleno exilio interior.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 438
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Memoria
Nº na colección: 47
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-639-2
Observacións: Intrudición, transcición e notas de Xosé Ramón Freixeiro Mato

AUTORES/AS

Martínez-Risco, Sebastián
sebastian-martinez-risco

Nado en Ourense o 19 de xaneiro de 1899 e finado na Coruña o 24 de setembro de 1977, foi un xuíz e escritor galego.

Realizou os estudos secundarios en Ourense. Trasladouse a Santiago de Compostela onde iniciou a carreira de Dereito, que continuou na Universidade de Zaragoza e concluíu en Madrid. En 1924 gañou a oposición de maxistrado, converténdose en xuíz de instrución do Barco de Valdeorras entre 1932 e 1933 e posteriormente de Vilalba.

Fundou e dirixiu o Ateneo de Lugo. En 1944 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega, ingresando en 1953 co discurso O sentimento da Xustiza na literatura galega. En 1955 participou na fundación da Agrupación Folklórica Aturuxo.

Foi o sexto presidente da Academia, posto que exerceu na clandestinidade entre os anos 1960 – 1977. Durante a súa presidencia celebrouse por primeira vez o Día das Letras Galegas.

Formou parte do Consello de Dirección da Revista de Economía de Galicia e do Consello de Administración da Editorial Galaxia.

É o avó da actriz Isabel Risco.

As súas obras

Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.indd
28.30€ CON IVE
Otero Pedrayo, Ramón
Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega. Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a súa morte. Foi tamén presidente do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de Xeografia na Universidade de Santiago. Otero Pedrayo foi un escritor que cultivou todos os xéneros literarios, dende a poesía ao teatro, pasando pola novela, o relato, o xornalismo e, por suposto, o ensaio. Da súa obra literaria cómpre salientar as novelas Os camiños da vida (1928), Arredor de si (1930) e O señorito da Reboraina (1960), os ensaios sobre a paisaxe e a cultura de Galicia, o poemario Bocarribeira (1958) e a súa achega ao eido teatral.

As súas obras

A romaría de Xelmírez
romaria xelmirez
22.80€ CON IVE

COLECCIÓN

Memoria

A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981
conquista
23.80€ CON IVE
A Galicia de Montevideo
galicia
23.80€ CON IVE
Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968
derby
22.95€ CON IVE
Álvaro de las Casas. Biografía e documentos
alavaro de casas
23.05€ CON IVE
Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado
antonio tovar
21.90€ CON IVE
Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.indd
28.30€ CON IVE
Artigos en La Nación
artigos na nacion
17.60€ CON IVE
As cartas do destino
cartas do destino
20.20€ CON IVE