Caño, Xosé Manuel del

del caño
Caño, Xosé Manuel del

Nace en Santa Eufemia (Celanova) no ano 1955 e é redactor de Faro de Vigo en Ourense, xornal no que se publicou un adianto de Conversas cun vello revoltado. Tamén foi director da revista Follas Secas e impulsor da recuperación da casa de Manuel Curros Enríquez. Fundador do Premio Celanova, casa dos poetas, é autor dos libros O mal tempo (1981), Lembranzas dun home (1983), Once nudos I (1984), Once nudos II (1985), Areas (1990), Conversas con Manuel María (1990), Cen galegos (1993), Guía de Ourense (1996), Literaria (1997), Historia Ilustrada de Ourense (2001), Salgroso/ A muller de Lot (2002), Historia, literatura, nación (2005), O misterio de Carlos G. Reigosa: Conversas (2007), Xuizo, sentenza e condena. Conversas con Alfredo Conde (2009), O contencioso de Sargadelos (2009), Ourense, Atenas de Galicia (2014), entre outros.

As súas obras

Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado
antonio tovar
21.90€ CON IVE