Premio García Barros 2026
Sempre fun transparente. As miradas atravésanme: non existo. Nunca ninguén me tomou en serio. O meu tempo de comprender chegou tarde, coma se a miña vida anterior fose un ensaio; un simulacro que me preparase para o derrubamento que me esmagou despois. A xente non me cre, non resulto verosímil. Son un animal imaxinario; un personaxe de conto; unha muller de mentira.

(1981) naceu en Barro, na mesma terra onde Celeste daba
en turrar pola cavadora, e desde os sete anos reside en Moaña, a carón do mesmo
mar en que Antón nunca foi quen de faenar.
É profesora de Ensino Secundario e, como dicía súa avoa, “literata”, con varias
obras publicadas: Coma unha áncora (2015), A soidade das medusas (2016) e A casa
do paralelo 54 (2019), todas na colección Costa Oeste de Editorial Galaxia. En 2020
publicou o poemario De casa queimada, gañador do segundo premio do certame
Torre da Caldaloba. En 2021 recibiu a I Bolsa Intercambio Xacobeo 21 Galicia-
Xeorxia e, grazas á estadía dun mes na Writer’s House de Tbilisi, puido rematar Os
mortos que amei, dedicada á memoria dos seus avós.