Comemos porque é unha necesidade biolóxica. Comer é inseparable do feito de estarmos vivos, pero tamén comemos porque nos gusta, e soubemos converter esa necesidade nun pracer. Ademais, dicimos que a comida é cultura porque forma parte esencial da nosa vida en común. Producir alimentos e compartilos crea vínculos poderosos entre as persoas. Por iso celebramos arredor da mesa os aniversarios, as vodas, as festas, os éxitos académicos e profesionais e os acontecementos importantes da vida. Este libro ábrenos o apetito por buscar en cada prato moito máis que sabores.

(A Coruña, 1959) é sociólogo e autor dunha obra literaria singular. Foi creador de éxitos de televisión en Galicia, como Pratos combinados e Larpeiros, e tivo un papel destacado no desenvolvemento da ficción audiovisual no noso país. Publicou narrativa, ensaio, contos infantís, obras de divulgación, poesía e teatro. A novela Días felices con Fábia (2023) e o libro de prosas breves Vantaxes e inconvenientes de case todo (2025), publicados en Editorial Galaxia, son as súas obras mais recentes. Os aspectos históricos, simbólicos e festivos das cousas de comer son para Cermeño unha fonte de inspiración literaria e un motivo de reflexión. Por que comemos?, inzado de historias e anécdotas sorprendentes, nace desa curiosidade do autor polo mundo da gastronomía.