Estás aquí:

Código: 19076

A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro

19,50  IVE INCLUIDO

NOVA EDICIÓN EN RÚSTICA

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 84
Deseño: Rústica
Data Publicación: 15/01/2025
Dimensións 210 x 295 mm.
Colección: Lanterna de Aristóteles
Nº na colección: 2
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-365-3
Observacións:

AUTORES/AS

Rivadulla Fernández, Juan Casto
juan-casto

Nacín na Pobra do Caramiñal hai xa medio século.

Na Universidade de Santiago de Compostela estudei a carreira de Bioloxía e tamén me fixen Doutor en Neurociencia.

Agora son profesor titular de Fisioloxía na Universidade da Coruña. Pero antes traballei como investigador na Rockefeller University de New York e no Instituto Tecnolóxico de Massachusets (MIT). Non sei se lembrades que neste último é onde estudaron o Dr. Octopus, Mr. Fantástico, Tony Stark (Iron Man) e unha morea doutros superheroes que coñecemos da banda deseñada e o cine. O que vos podo dicir é que alí aprendín moito pero nunca me topei con ningún deses personaxes polos corredores. Magoadamente, tampouco desenvolvín ningún superpoder, e non me viría nada mal.

Levo case 30 anos estudando como funcionan as neuronas e segue fascinándome escoitalas falar entre si. Son un namorado da ciencia e teño a sorte de dedicarme a ela. Por iso, ademais do traballo de laboratorio e o ensino, tento compartir coas persoas que non son profesionais da ciencia toda a emoción que sinto estudando e investigando. Fago divulgación a través de programas moi diferentes que inclúen desde charlas, sobre ciencia claro, nos bares, na rúa ou nos colexios, ata colaboracións con actrices e actores para montar espectáculos científico-teatrais. Por certo, a foto que vedes á esquerda fixéronma mentres impartía unha desas charlas das que vos falo.

Polas miñas actividades de divulgación déronme o Segundo Premio no IV Certamen Teresa Pinillos de Divulgación Científica y Humanística (2008) e o Primeiro Premio na 1ª edición do Carnaval de Neurociencia da Revista Investigación y Ciencia (Casto Rivadulla e Juan Aguilar, 2014).

As súas obras

A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro
9788491514152
22.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Lanterna de Aristóteles

A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro
9788411763653
19.50€ CON IVE
Puf! vaia peido... Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes
puf-vaia-peido-seres-sorprendentes
esgotado
Puf! Vaia peido. Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes
9788411760041
16.45€ CON IVE
A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro
9788491514152
22.00€ CON IVE
Un mar de preguntas
9788411764049
20.00€ CON IVE
Viches iso?
9788491517122
22.00€ CON IVE