Sale!

20,00€

mercar

A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro

Juan Casto Rivadulla Fernández

“Lista de Honra OEPLI 2020” "Premio Gala do Libro ao mellor libro de Divulgación Científica 2020" "Gañador da V Gala do Libro Galego Virtual 2020"

Es quen de mover cousas coa mente? A que sabe a cor azul? Pareceríanos normal escoitar estas preguntas nunha conversa entre Harry Potter e os seus colegas. Mais Juan Casto Rivadulla Fernnández nunca estivo en Hogwarts. É un neurocientífico galego que responde estas cuestións tan disparatadas mentres nos explica, dun xeito divertido e sinxelo, o funcionamento do cerebro.

Queres coñecer as súas respostas?

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 88
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 295x210
  • Data Publicación : 15/11/2019
  • Colección : Lanterna de Aristóteles
  • Editorial : Editorial Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-415-2
  • Edición :
  • Nº na colección : 2
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Autor/a

Rivadulla Fernández, Juan Casto
Nacín na Pobra do Caramiñal hai xa medio século. Na Universidade de Santiago de Compostela estudei a carreira de Bioloxía e tamén me fixen Doutor en Neurociencia. Agora son profesor titular de Fisioloxía na Universidade da Coruña. Pero antes traballei como investigador na Rockefeller University de New York e no Instituto Tecnolóxico de Massachusets (MIT). Non sei se lembrades que neste último é onde estudaron o Dr. Octopus, Mr. Fantástico, Tony Stark (Iron Man) e unha morea doutros superheroes que coñecemos da banda deseñada e o cine. O que vos podo dicir é que alí aprendín moito pero nunca me topei con ningún deses personaxes polos corredores. Magoadamente, tampouco desenvolvín ningún superpoder, e non me viría nada mal. Levo case 30 anos estudando como funcionan as neuronas e segue fascinándome escoitalas falar entre si. Son un namorado da ciencia e teño a sorte de dedicarme a ela. Por iso, ademais do traballo de laboratorio e o ensino, tento compartir coas persoas que non son profesionais da ciencia toda a emoción que sinto estudando e investigando. Fago divulgación a través de programas moi diferentes que inclúen desde charlas, sobre ciencia claro, nos bares, na rúa ou nos colexios, ata colaboracións con actrices e actores para montar espectáculos científico-teatrais. Por certo, a foto que vedes á esquerda fixéronma mentres impartía unha desas charlas das que vos falo. Polas miñas actividades de divulgación déronme o Segundo Premio no IV Certamen Teresa Pinillos de Divulgación Científica y Humanística (2008) e o Primeiro Premio na 1ª edición do Carnaval de Neurociencia da Revista Investigación y Ciencia (Casto Rivadulla e Juan Aguilar, 2014).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR