Estás aquí:

Código: 19424

CEREBRO EN MODO ON

21,00  IVE INCLUIDO

Ilustracións de DIEGO ESTEBO

O que ninguén che contou sobre o cerebro: as emocións, a aprendizaxe, a memoria, os soños ou a saúde mental. Como coidar o cerebro e como fortalecelo. Un libro que pretende explicar o cerebro para a cativada; é iso posible? Poden nenos e adolescentes entender a segreda andamiaxe onde nace a mente? Por suposto que si! Sonia Villapol constrúe unha obra que combina rigor científico e linguaxe accesible, tendendo unha ponte entre a ciencia e a educación para que comprendamos como se forma o cerebro, un órgano extraordinariamente poderoso que fai posibles os nosos complexos comportamentos, pensamentos e accións. A neurociencia, como aquí se amosa, ensínanos que o cerebro se vai esculpindo con cada experiencia: co apoio, coa emoción compartida, coa seguridade e cos hábitos de vida, e, nesta liña, a autora incorpora unha visión actual e necesaria do eixe cerebro-intestino-microbiota, froito das súas investigacións.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 112
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 14/07/2026
Dimensións 170 X 240 mm.
Colección: LANTERNA DE ARISTÓTELES
Nº na colección: 6
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-609-8
Observacións:

AUTORES/AS

Villapol Salgado, Sonia
villapol

(Bretoña, 1977) é neurocientífica no Texas Medical Center de Houston e profesora na Universidade de Weill Cornell, en Nova York. Doutora en Neurociencia pola Universidade Autónoma de Barcelona, nas súas liñas de traballo investiga o impacto da microbiota no cerebro, a nanomedicina en enfermidades neurolóxicas (alzhéimer, ictus, traumatismos cranioencefálicos) e os efectos da Covid persistente. Publicou máis dun cento de artigos científicos e é autora do libro ConSciencia. A ciencia que nos rescatou da pandemia (2023).

As súas obras

CEREBRO EN MODO ON
Cerebro en ON
21€ CON IVE

COLECCIÓN

LANTERNA DE ARISTÓTELES

A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro
9788411763653
20.05€ CON IVE
CEREBRO EN MODO ON
Cerebro en ON
21€ CON IVE
POR QUE COMEMOS?
Por que comemos
20.55€ CON IVE
Puf! vaia peido... Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes
puf-vaia-peido-seres-sorprendentes
esgotado
Puf! Vaia peido. Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes
9788411760041
16.90€ CON IVE
A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro
9788491514152
22.00€ CON IVE
Un mar de preguntas
9788411764049
20.55€ CON IVE
Viches iso?
9788491517122
22.60€ CON IVE