Villapol Salgado, Sonia

villapol
Villapol Salgado, Sonia

(Bretoña, 1977) é neurocientífica no Texas Medical Center de Houston e profesora na Universidade de Weill Cornell, en Nova York. Doutora en Neurociencia pola Universidade Autónoma de Barcelona, nas súas liñas de traballo investiga o impacto da microbiota no cerebro, a nanomedicina en enfermidades neurolóxicas (alzhéimer, ictus, traumatismos cranioencefálicos) e os efectos da Covid persistente. Publicou máis dun cento de artigos científicos e é autora do libro ConSciencia. A ciencia que nos rescatou da pandemia (2023).

As súas obras

CEREBRO EN MODO ON
Cerebro en ON
21€ CON IVE