Cermeño, Xosé

Xosé Cermeño
Cermeño, Xosé

(A Coruña, 1959) é sociólogo, escritor e creador de televisión.  Foi director da primeira serie de ficción en galego (Os outros feirantes, TVG 1990) e creador da primeira telecomedia na TVG (Pratos Combinados 1995-2006), unha produción xerminal no noso audiovisual. Imaxinou e dirixiu programas de éxito, como Larpeiros (2007-2019), ademais de ser autor e guionista doutras producións. Publicou Ciencia de facer as camas, Os nervios da cabeza (premio Cidade de Lugo), Historia de Abaddón (Premio Leliadoura de poesía), libros de gastronomía, narrativa infantil e divulgación. Débelle moito á literatura, pero tamén á pesca, á cociña, á antropoloxía da alimentación, ás películas de Billy Wilder e aos paseos pola cidade.

As súas obras

Días felices con Fábia
9788411760324
21.95€ CON IVE