Eu son de aquí e de alá vai á procura de Matilde Lloria (1912-2002), poeta que viviu de a cabalo entre Valencia e Galicia, e que na España do século XX cultivou unha produción poética en valenciano, galego e castelán. Enfiando as voces de diferentes persoas convertidas aquí en personaxes, Tamara Andrés comparte a súa indagación arredor dunha autora alófona e migrante. É esta unha obra que se sitúa nun lugar intermedio. Tamén un exercicio de memoria fragmentada, un xogo de espellos, unha pescuda sobre o que fica fóra das historias literarias, unha man tendida, un intento de reparación.

Tamara Andrés (Combarro, 1992) posiciónase sempre na palabra e a súa medida. Escribe, traduce, ensina, investiga e conta. A comezos de 2015 publicou o libro A mentalista, unha particular homenaxe a René Madritte. Nese mesmo ano gañou o Premio de Poesía O Facho con Nenaespirqes. Posteriormente, textos seus foron premiados con diversos galardóns e publicados en obras colectivas, como en Winee-Rpses (Le Tour 1987) ou na antoloxía No seu despregar (Apiario).