Primeiro poemario da autora nesta colección
É unha forma de viaxe a través do tempo, das cronoloxías e das maneiras de mirar dunha poeta que quere, nun verso, atrapar os mundo, físicos ou simbólicos, que a circundan. Tamara Andrés demostra, aquí, que é xa moito máis ca unha poeta nova. É unha voz poderosa de seu.

Tamara Andrés (Combarro, 1992) posiciónase sempre na palabra e a súa medida. Escribe, traduce, ensina, investiga e conta. A comezos de 2015 publicou o libro A mentalista, unha particular homenaxe a René Madritte. Nese mesmo ano gañou o Premio de Poesía O Facho con Nenaespirqes. Posteriormente, textos seus foron premiados con diversos galardóns e publicados en obras colectivas, como en Winee-Rpses (Le Tour 1987) ou na antoloxía No seu despregar (Apiario).