Estás aquí:

Código: 687

Ao pé de cada hora

11,30  IVE INCLUIDO

Emoción austera e fonda suxestión evocadora nun libro clave na poesía galega.

Hai neste libro un sentimento de identificación con Galicia, unha solidaridade entrañable cos mártires que agardan debaixo das súas lousas pola xustiza, a dor pola perda das grandes figuras representativas do noso pobo, a tensión iluminada e atormentada do amor, a misteriosa soidade do recanto máis profundo do espírito…

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 64
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións mm.
Colección: Dombate
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-083-6
Observacións:

AUTORES/AS

García-Bodaño, Salvador
Salvador García Bodaño

(Vigo, 1935 – 2023). Poeta pertencente á Xeración das Festas Minervais e cofundador do grupo O Galo. Colaborou con diversas publicacións e é autor de varias traducións ao galego. Os temas sobre os que xira a súa poesía son, como sinala Dolores Vilavedra, Galicia e a muller. Entre os seus libros destacan Ao pé de cada hora (1967), Tempo de Compostela (Premio da Crítica Española, 1978) e o libro de relatos Os misterios de Monsieur D’Allier (Premio da Crítica, 1993). Ingresou como membro numerario da Real Academia Galega en 1992. Ó longo da súa vida recibiu numerosos premios e recoñecementos, entre eles o Premio da Cultura Galega 2012 no apartado de Letras.

A breve obra de García-Bodaño xira principalmente arredor da conciencia cívica e das vivencias eróticas. Sobrio de expresión pero latexante de emoción lírica, aparece afestado do socialrealismo e máis dado á expresión directa do sentimento patriótico. O libro Tempo de Compostela é unha espléndida visión lírica da cidade expresada en versos de gran poder evocador. O seu verso tende a ser libre, pero nalgunha das súas últimas parcas entregas cultiva con extraordinario acerto unha forma tan cerrada coma o soneto clásico. Poeta limpo e claro, García-Bodaño é unha das grandes voces da súa xeración.
En 2013 recibiu o premio ‘Voz da liberdade’ outorgado polo Pen Clube de Galicia e en 2015 a Medalla de Ouro de Santiago e o título de Fillo Adoptivo.

As súas obras

Ao pé de cada hora
pe de cada hora
11.30€ CON IVE

COLECCIÓN

Dombate

17 segundos
9788491516309
19.70€ CON IVE
A herdade
9788491517702
13.60€ CON IVE
A abertura da boca
9788491517481
12.30€ CON IVE
Antese
9788491517870
13.60€ CON IVE
Ao pé de cada hora
pe de cada hora
11.30€ CON IVE
Árbores no deserto
arbores-no-deserto
16.80€ CON IVE
As flores do baleiro
As flores do baleiro OBRADOIRO 7 mm.indd
14.40€ CON IVE
Baleas e baleas
baleas-e-baleas
14.35€ CON IVE