Manuel Fernández Blanco é un psicanalista cunha longa traxectoria na atención individual, mais tamén un psicanalista cidadán, atento aos síntomas da vida colectiva. O profesor Carlos Callón propúxolle esta conversa para, nunha linguaxe próxima, pensar os malestares do noso tempo. De Umberto Eco a Shakira, de Ed Sheeran a Pilar Pallarés, de Fernando Pessoa a Donald Trump, unha serie de citas serve de disparador para que Fernández Blanco desenvolva as asociacións que cada frase lle suscita, fiando un camiño que atravesa as tres grandes paixóns humanas que dan título ao libro. O seu saber, forxado na experiencia clínica, condúcenos polos principais debates e desafíos do noso tempo, e da súa boca van brotando vagalumes e horizontes, búsolas e alertas, algúns bálsamos e moitas sacudidas. Mellor é sabelo.

(A Coruña, 1959) é psicanalista e psicólogo clínico, membro da Escola Lacaniana de Psicanálise e da Asociación Mundial de Psicanálise. Traballou trinta e catro anos no Servizo de Psiquiatría do CHUAC e dirixe a Clínica do Campo Freudiano da Coruña, que facilita atención a persoas con poucos recursos. Ademais de escribir numerosos estudos (entre eles ¿Soy lo que digo que soy?, 2024), colabora na sección de “Opinión” de La Voz de Galicia.