Premio Castelao de Banda Deseñada 2023
Rosalía de Castro foi, sen ningunha dúbida, unha muller avanzada ao seu tempo.
En pleno século XIX, cando a vida das mulleres practicamente se reducía ao fogar, unha escritora nova loita por expresarse libremente nunha sociedade que a ignora e a censura.
A súa obra fálanos da súa terra, da opresión e da marxinación do pobo, de temas tan actuais como o feminismo, as diferenzas entre clases, a emigración, a Igrexa e a androxinia.
Só podemos alcanzar a xuntar unha pequena parte do quebracabezas que compón a súa persoa e iso é, en definitiva, o que tenta mostrar esta novela gráfica.
naceu na Coruña, terra tinguida de azul e verde, onde vive.
Nas súas primeiras incursións no mundo da BD gaña varios certames de cómics nacionais. Máis tarde colabora como freelance ilustrando libros para diferentes editoriais, así como carteis e deseño gráfico para axencias de publicidade e organismos oficiais.
Comeza a afondar na obra de Rosalía de Castro para tentar descubrir a muller real que hai detrás da imaxe que todos coñecemos e, tras de dous anos de documentación, decide presentarse ao Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. Faino en 2023, gañándoo cunha historia onde nos mergulla na vida da autora a través das súas vivenzas e da súa obra.
O libro que tes na man é o resultado desa travesía.