(Ourense, 1987) ilustrador, caricaturista e autor da adaptación a banda deseñada de O derradeiro libro de Emma Olsen (2020), a partir da novela orixinal de Berta Dávila (2013). Autor no libro colectivo O Picoto do Pai (2017). Tamén publica BD e humor gráfico en revistas como A viñeta de Schrödinger, ou en xornais como Novas do Eixo Atlántico ou A Peneira.
Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) é autora de poemarios como Corpo baleiro (2007) e Raíz da fenda (2013, Premio Johán Carballeira, Premio da Crítica española, Premio da AELG). No eido da narrativa, iniciouse con Bailarei sobre a túa tumba (Premio Biblos de Novela, 2008), á que seguiu o libro de relatos A arte do fracaso (2010), traducido para o castelán e o xaponés. Recibiu o Premio de Narrativa Breve Repsol en 2013 por O derradeiro libro de Emma Olsen, obra que obtivo o Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción 2013. Tamén foi nomeada pola AGE autora do ano en 2014.