Esta é a primeira novela gráfica de Borja Dierez, unha adaptación da novela homónima Die augen des ewigen Bruders. Eine Legende, de Stefan Zweig (Austria, 1881-1942, Brasil).
Os ollos do irmán eterno é unha alfaia rescatada das cinzas dun século, escrita en forma de lenda, narra a vida do seu protagonista, Virata.
Deixando unha poderosa mensaxe entre liñas: “As decisións acertadas nacen de sintonizarnos co noso corazón. Escoitar o seu silencio como un mandato fronte ás mil voces do mundo, denota a presenza dunha intelixencia que nos conducirá inevitablemente, de ser mantida coa forza da vontade, á sabedoría. A unha paz cimentada no valor da coherencia entre pensamentos e actos”.
(Viena, 1881 – Petrópolis, Brasil, 1942) é un dos autores máis lidos da primeira metade do século XX e testemuña fundamental para comprender a Europa de Entreguerras. Foi novelista, ensaísta e biógrafo dunha prosa elegante e delicada. O final da súa vida estivo marcado de xeito tráxico polo exilio errante que iniciou coa súa muller Lotte en 1936 fuxindo da barbarie nazi.
(León, 1988) ilustrador e autor, comezou en 2017 autopublicando en formatos fanzine e banda deseñada, o mensaxe de fondo en cada obra sinala ao espazo interior que permanece inmutable dentro de cada un de nós. Autor da adaptación Os ollos do irmán eterno (2023), baseado na obra orixinal de Stefan Zweig.