No século XVIII un buque francés ao mando do capitán Duchesnoy inicia unha épica travesía na procura do mítico paso de Noroeste, a ruta entre o Atlántico e o Pacífico a través do Ártico. Un relato pleno de aventura, emocións, descubertas e coñecemento.
Comeza a debuxar banda deseñada nos anos 90 para a revista LVCVS, da Deputación Provincial de Lugo. Con episodios de corte histórico e factura clásica, achegouse en viñetas á vida do marqués de Sargadelos, María Castaña, Almanzor e o mariscal Pardo de Cela, entre outros.
Debuxante e guionista da serie Aventura no Camiño de Santiago (Premio Ourense de Banda Deseñada, 2000), foi colaborador asiduo das revistas Golfiño e Galimatías dando vida a “Os Fdez.”, Publicou recentemente Viveiro 1810, augas mortais, onde se achega á catástrofe marítima sufrida pola fragata Magdalena e o bergantín Palomo.
O seu labor como debuxante de banda deseñada compleméntase con traballos como ilustrador, retratista, colaborador de programas de televisión e de prensa e deseñador de carteis, entre outros, ademais dunha chea de exposicións individuais e colectivas.
(Compostela, 1957) escribe e publica regularmente en galego desde 1990. É autor, entre outros libros, de Ártico e outros mares (relatos, 1990); Ringside (relatos, 1993), O paso do Noroeste (Premio García Barros de Novela, 1996); Malaria sentimental (novela, 1999); Papaventos (novela, 2001); O ladrón de esperma (relatos, 2001); Nos dominios de Leviatán (poesía, 2001), Os ciclos do bambú (relatos, 2003); Glosarios (poesía, 2004); O espello e o dragón (literatura infantil, 2005); Dragona (novela, 2007); Caderno da Revolución Cultural (crónicas radiofónicas, 2007); Saladina (novela, 2007); Felices e diferentes (crónicas radiofónicas, 2009); A illa dos cangrexos violinistas (literatura infantil, 2009); Cartas marcadas (ensaio, 2010); Ártico 2.0 (relatos, 2011), Extramunde (Premio Xerais de Novela 2011), Os kowa (Premio Blanco Amor 2015), Home invisíbel (poesía, Premio Illas Sisargas 2016, 2017), Corazón de Manteiga (novela, 2020), Final Feliz (relatos, 2022), Algoritmos (notas heteróclitas, 2022) e, xunto con Ramón Neto, do poemario Minutos para medianoite (2019). Membro do Dichterscollectif van Brussel desde 2007. Premio da Crítica española en 1991, Premio Nacional de tradución 2014, en colaboración) e Premio Xosé Mª Álvarez Blázquez ao Autor do ano 2011. Participou en numerosos libros colectivos e antoloxías, traduciu do francés a Amin Maalouf e Hervé Guivert e, do inglés, a Joseph Conrad e James Joyce.