Esta semana comeza a Feira do Libro da Coruña, a décima nesta edición, que estará aberta dende o xoves 1 de agosto, ata o 10 do mesmo mes, nos Xardíns de Méndez Núñez.
A cidade alta acollerá unha programación pensada para todos os públicos. Contaremos con novidades de todo tipo, o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, Economía e poesía: Rimas internas, de Yolanda Castaño, o novo libro de Xavier Alcalá, A capital do mundo, ou o Teatro completo, de Luísa Villalta, en edición de Henrique Rabuñal, son só algúns exemplos da nosa proposta editorial.
En concreto, a publicación de teatro da homenaxeada no Día das Letras Galegas, contén unha peza inédita da autora, unha Luísa que estaría feliz de ver a súa obra materializada na cidade que tanto a inspirou.
Editorial Galaxia estará presente coa seguinte programación:
Xoves 1 de agosto, ás 20 h. Un café Candelas con… Vivir hoxe dun oficio creativo, Yolanda Castaño e Lucía Aldao conversan arredor do libro Economía e poesía: Rimas internas, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2023. Presenta Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
Venres 2 de agosto, ás 19 h. Sinatura arredor de Economía e poesía: Rimas internas, de Yolanda Castaño. Será na caseta da libraría Azeta.
Sábado 3 de agosto, ás 19 h. Sinatura con Blanca Riestra arredor de Anatol e dous máis, na caseta da libraría Hoboken.
Domingo 4 de agosto, ás 12 h. Sinatura con Fon arredor de Troglo&dita, será na casta da libraría A Gata Tola.
Ás 18:30 h. Sinatura con Blanca Riestra arredor de Anatol e dous máis, na caseta da libraría Central Librera Real.
Ás 19 h. Sinatura con Óscar M. Guzmán, arredor de Pero… como morren as pegas?, na caseta da libraría Lume.
Sinatura con Fon arredor de Troglo&dita, será na casta da libraría A Gata Tola.
Ás 19:30 h. Sinatura coa escritora Arantza Portabales, na caseta da libraría Nobel.
Luns 5 de agostos, ás 20 h. Presentación de Ubasute, de Paula Carballeira.
Acompañando a autora, estarán Eugenia Sanmartín, actriz e música; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
Martes 6 de agosto, ás 19 h. Presentación de O que non ten prezo, de Xosé M. Pacho Blanco.
Acompañando o autor, estará Emilio Rojo, vinicultor, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
Mércores 7 de agosto, ás 19 h. Sinatura coa tradutora Estíbaliz Espinosa arredor de Un compromiso co asombro, de Rebeca Elsson, na caseta da libraría Hoboken.
Sinatura con Pablo J. Rañales, arredor de Os afogados, Premio Illa Nova, na caseta de Casa del Libro.
Venres 9 de agosto, ás 17:30 h. Carpa de actividades. Espectáculo musical infantil e familiar arredor de A Ramona pequena vai á lúa, de Pakolas.
Ás 18 h. Presentación de A capital do mundo, de Xavier Alcalá.
Acompañando o autor, estarán Xulio López Valcárcel, escritor, e Xosé Manuel Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia.
Ás 19 h. Sinatura con Samuel Merino arredor de Claustro Corda Comensal, na caseta da libraría Hoboken.
Sábado 10 de agosto, ás 12 h. Sinatura con Pablo J. Rañales arredor de Os afogados, Premio Illa Nova, na caseta de Central Librera Real.
Ás 18 h. Presentación de Vrao, de Lois Alcayde Dans, ilustrado por Lucía Escrigas.
Acompañando o autor e a ilustradora, estarán Neves Rodríguez, actriz, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
Vémonos, entre libros, escolmando as nosas lecturas favoritas para este verán, achegándonos á obra de diversas autores e autores, vendo, en definitiva, o mundo a través doutros ollos.