(Mos, 1982) é un creador que desenvolve o seu labor nunha poética en que se aprecia a pegada da súa formación (licenciado en Filosofía pola USC) e mais a súa experiencia no eido das artes escénicas. A súa obra, de carácter reflexivo e autorreferencial, toma corpo na oralidade secundaria dos recitais e en breves presentacións que transitan do teatro á performance.
Nesta liña, van os seus últimos traballos: Guantanamera. Poema nun só acto (2021) e Con esta hoz / Con esta fouce (2023).