Galaxia distribúe “As máscaras dos homes de Nós” e “El testimonio del poder de Oseira en sus prioratos a través del arte”

Categoría: Nova

Editorial Galaxia vén de distribuír dúas novas publicacións, en colaboración coa Deputación de Ourense, As máscaras dos homes de Nós, de Joaquim Ventura; e El testimonio del poder de Oseira. En sus prioratos a través del arte, de Francisco Javier Limia Gardón.

Coa publicación de As máscaras dos homes de Nós, a Deputación de Ourense amosa unha vez máis o seu firme compromiso con aquela xeración que se propuxo poñer a Galicia no lugar que lle corresponde, no contexto estatal ibérico, europeo e internacional e tamén coa ligazón coa nosa emigración. Joaquim Ventura Ruiz contribúe, repasando e debullando o pensamento político e a gran influencia social e cultural de Nós.

O monasteiro de Santa María de Oseira ten unha orixe medieval ben documentada no século XII e, dende a Idade Media, existe documentación que refire a súa vinculación cos monxes brancos, sendo un dos poucos monasterios que aínda, na actualidade, teñen vida monástica. El testimonio del poder de Oseira. En sus prioratos a través del arte, constitúe un estudo detallado, análise profundo dun experto na materia, como é Francisco Javier Limia Gardón.

Comparte nas túas redes sociais ou por email