Estás aquí:

Código: 18863

Ubasute

12,40  IVE INCLUIDO

PREMIO FOLLAS NOVAS NA CATEGORÍA DE TEATRO 2024

Hai linguas que só teñen unha palabra para o abandono, pero iso non quere dicir que non haxa diferentes maneiras de deixar para sempre algo, a alguén.

Pouco importa que intentes cambiar de espazo, que creas que indo ao Xapón conseguirás afastar a culpa. Non existe un lugar no mundo onde fuxir de ti, e mesmo as pantasmas acoden cando as chamas, con poesía ou cos recordos. Ademais, no teatro, tamén as pantasmas cobran vida diante dos nosos ollos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 80
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 04/03/2024
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Teatro
Nº na colección: 9
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-194-9
Observacións: 2ª impresión xuño de 2024

AUTORES/AS

Carballeira, Paula
Paula Carballeira 2024 ©distrito xermar

Paula Carballeira (Maniños, Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía e cun curso de Especialización en Arte Dramática, narradora oral profesional desde 1994, actriz, directora e escritora. Candidata dous anos consecutivos ao Astrid Lindgren Memorial Award, ten unha ampla produción literaria en narrativa e teatro, aínda que tamén escribe poesía e ensaio. Moitos dos seus libros foron premiados e traducidos a diferentes idiomas.

Como actriz, é membro da compañía teatral Berrobambán desde 1996 e participou en varias series e programas da Televisión de Galicia. Como dramaturga recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática no ano 2023 por As alumnas, publicado en Editorial Galaxia, onde tamén publicou Daniel no peirao (2023), un texto de teatro infantil arredor dun episodio da infancia de Castelao, ademais de Nunca mascotas (2016), O lobishome de Candeán (2012) e As outras historias (2011), entre outros.

Foto da autora ©distrito xermar

As súas obras

Olo-Iepu-Iepu
olo iepu
esgotado

COLECCIÓN

Teatro

As alumnas
9788491517986
13.90€ CON IVE
Despois das ondas
9788491518303
12.40€ CON IVE
Fillos do sol
9788491516460
13.90€ CON IVE
Miñatos de vran
9788491519324
14.40€ CON IVE
Morte accidental dun anarquista
9788411760126
14.40€ CON IVE
Papiroflexia
9788491516446
13.90€ CON IVE
Perder (2016-2021)
9788411760256
14.40€ CON IVE
Run baby run
9788411761376
12.40€ CON IVE