Un ano máis, a Editorial Galaxia participará na nova edición do Culturgal 2022: 15 anos cos fíos da cultura, que se celebrará do 24 ao 27 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Cunha programación para todos os gustos, Galaxia estará no Espazo Libro ofrecendo unha gran variedade de eventos. Contaremos con conversas sobre as nosas últimas novidades, premios, encontros cos nosos autores e autoras… e o noso equipo estará encantado de recibir a todas e todos os que queiran botar un ollada ás nosas publicacións para saber un pouco máis sobre as mesmas.
Velaquí toda a nosa programación:
Sábado 26 de novembro
12 h. Sinatura arredor de Lagarta, lagarta, con Elvira Ribeiro Tobío e Sofía Venzel. (Stand da libraría Paz)
ESPAZO LIBRO
13 h. 50 anos de poesía e compromiso, con Helena Villar Janeiro, autora do libro De rosa antiga. Acompañando a autora, estará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
14 h. Vixiade as vosas costas. Celebrarase unha conversa arredor da temática novela negra cos escritores Diego Giráldez, autor de O meu sangue, e Javier Fraiz, autor de Morte no espello.
Acompañando os autores, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia, como coordinador.
18:30 h. Unha Galaxia de Premios. Celebrarase un encontro entre Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa por As malas mulleres, Ignacio Vidal Portabales, Premio García Barros 2022 por Illas remotas, de Irene Rega Jul por A malferida, coordinadas por Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia
Domingo 27 de novembro
ESPAZO LIBRO
13 h. 20 anos da catástrofe do Prestige. Conversa arredor do vinte aniversario do Prestige. Participará Xosé Manuel Pereiro, autor de Tal como foi, tal como fomos, e Santi Domínguez, autor de Cando choran as Cíes, coordinados por Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
17 h. Presentación dos libros Espantallo amigo e Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, publicados na colección Lectura Fácil de Editorial Galaxia, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de galicia.
Asistirán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Neira Vilas, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
18:30 h. Sinatura con Arantza Portabales arredor da súa obra. A autora firmará exemplares como Deixe a súa mensaxe despois do sinal, Beleza vermella, A vida secreta de Úrsula Bas, ou o seu recente Sobrevivindo. (Stand de Galaxia)
Todo o programa está dispoñible premendo aquí. Non faltedes!