(Compostela, 1958) é profesor titular de Dereito Mercantil na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Neste eido, ademais de numerosos artigos científicos de temática xurídica, escribiu ensaios sobre o dereito da publicidade e mais a sociedade da información. Na súa faceta de narrador, gañou en 2012 o Premio Blanco Amor coa obra Dióxenes en Dolorida (2013) e, en 2019, acadou, con Lara e Sabela, o Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey (2020). Tamén é autor da obra O inspector e mais eu (2016) e da novela destinada á mocidade Sangue no dron (2022). Con Illas remotas (Galaxia, 2022) obtivo o Premio García Barros de Novela. Sucos é a súa primeira obra dirixida a un público infantil.