Francisco Castro Vigo (1966). Escritor e director xeral de Editorial Galaxia dende decembro de 2016. Dentro da súa produción literaria (traducida a linguas coma o castelán, catalán, italiano, portugués de Brasil...) podemos destacar, entre outros Play-Back (Premio Lueiro Rey de Novela Curta, 1997), os libros de relatos A canción do náufrago (2001), Xeografías (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001) e a novela histórica Memorial do infortunio (2003), Xeración perdida (2004), premio “Cartafol de Vieiros ao mellor libro do ano” e os libros para mozos Un bosque cheo de faias (2004) e O ceo dos afogados (2007), distinguidos ambos os dous co premio Frei Martín Sarmiento que conceden escolares de toda Galicia. No ano 1999 foi Premio de Xornalismo "Manuel Reimóndez Portela", no 2002 obtivo "O Facho" de poesía pola obra Matar a Walt Whitman moitas veces e en 2005 o Premio Rosa Reboredo de Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellá, polo relato "Venres Desesperado (look casual friday)" e o Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves polo traballo "Ningún fascista morreu inxustamente". Premio Blanco Amor de Novela (2005) pola novela Spam, coordenador dos Diálogos Literarios de Mariñán no 2006 e Premio de Novela Manuel García Barros 2007 pola novela As palabras da néboa. Abriu en Internet un dos primeiros blogs de autor dedicados ao debate literario e a información cultural (http://franciscocastro.blogaliza.org). Ten publicados 21 libros entre os que destacan a novela para pequechos Chamádeme Simbad (2009) que entrou na Lista de Honra do IBBY 2012 e recibiu o premio como Mellor Libro Infantil na web ‘Fervenzas Literarias’ outorgado polos lectores/as así como o Frei Martín Sarmiento de 2011, e, para un público máis xuvenil, O segredo de Marco Polo (2010). Foi Presidente de Gálix entre 2010 e 2014. No ano 2011 publica unha nova novela para adultos titulada In Vino Veritas, e en 2012, asina, con Fina Casalderrey, o libro de relatos O neno can (seleccionado na Lista do Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais de Oslo, premio Frei Martín Sarmiento 2014), e tamén Premio Frei Martín Sarmiento e incluido na Lista de Honra CLIJ 2014.En 2013, a súa novela O corazón da Branca de Neve gañou o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Publicou, en 2014, a novela xuvenil Tes ata as 10 (publicada por Suma de Letras en setembro de 2015 e que en 2016 recibiu o Frei Martín Sarmiento) e na colección de adultos Amor é unha palabra coma outra calquera en 2016. No mesmo ano, Barricadas de Sal e en 2018, Iridium (publciado en todas as linguas do estado), incluído na Lista de Honra OEPLI 2020 e na Lista Internacional IBBY de Oslo 2020 como un dos mellores libros do mundo sobre o tema da discapacidade).En 2020 publicou a novela (ao tempo en galego, castelán, catalán e éuscaro), Tantos anos de silencio e en 2021, tamén en todas as linguas oficiais do estado español, a novela O cemiterio de barcos. Este libro entrou no catálogo da OEPLI como un dos mellores libros de toda España do ano 2021. Desde o ano 2003 imparte Obradoiros Literarios para todos os chanzos de idade. En 2018 entrou a formar parte do Consello da Cultura Galega na sección de Pensamento e dende 2020 é o Director da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra. Ese mesmo ano recibe o Premio de Periodismo Enrique Guerrero Serrano, convocado pola Asociación Cultural Espazo Aberto do Val Miñor. En 2020 entrou a formar parte da directiva da Asociación Galega de Editoras. En 2021 foi recoñecido como Vigués Distinguido polo Concello de Vigo. No ano 2022 publicou o seu primeiro ensaio titulado Isto SI é un home, e o libro Eso no estaba en  mi libro de los Beatles e gañou o premio Pura e Dora Vázquez de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra Xoán, Xoana. En 2022 recibiu o "Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego"    


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Isto SI éun Home
Primeiro ensaio do autor17,40€

mercar
O cemiterio de barcos
O cemiterio de barcos é unha historia luminosa de amor e amizade contra a violencia en todas as súas expresións.16,90€

mercar
Tantos anos de silencio
Un relato violentamente fermoso. Fermosamente violento.19,95€

mercar
IRIDIUM
Incluída no Catálogo do Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais de Oslo 202012,30€

mercar
Tes ata as 10
Unha novela trepidante que non vas poder deixar de ler ata o final

Premio Frei Martín Sarmiento 2016 como Mellor Novela de Adultos
15,50€

mercar
Amor é unha palabra coma outra calquera
Amor é unha palabra coma outra calquera... ou non.19,70€

mercar
O segredo de Marco Polo
Amor, intriga e aventuras na Venecia do século XIII11,30€

mercar
O neno can
O libro entrou en 2013 na LISTA DO CENTRO IBBY DE DOCUMENTACIÓN PARA NENOS CON DIFICULTADES ESPECIAIS
Premio Frei Martín Sarmiento 2014
Lista de Honor da revista CLIJ 2014

Ven coñecer as historias de Aakesh, Nadim, Altair, Leila, Carlos...
Un libro a favor de UNICEF
12,50€

mercar
Spam
Premio Blanco Amor 2005
Unha novela que xoga con hipertexto de Internet e racha co discurso literario tradicional.
14,15€

mercar
O corazón da Branca de Neve
Premio de Novela de Entregas 2013 de La Voz de Galicia15,20€

mercar
Chamádeme Simbad
Nova edición con ilustracións novas de Primitivo Marcos12,60€

mercar
In vino veritas
Unha nova novela de Francisco Castro, na que o autor de 'Spam' aborda o xénero policial en clave de parodia.20,95€

mercar
Xeración perdida
A historia dun "camello" e de toda unha xeración, xente que caeu na droga e que intentou sobrevivir.12,55€

mercar
As palabras da néboa
Premio García Barros 200720,60€

Recensións

Sinatura de Francisco Castro2008-07-02 20:30:00
Sinatura de Francisco Castro2011-07-27 20:00:00
IN VINO VERITAS en Rianxo2011-10-28 20:30:00
Presentación de O NENO CAN2012-05-16 12:30:00
Sinatura de Francisco Castro2012-05-27 18:00:00
"Conversas con Simbad"2012-09-20 18:30:00
Francisco Castro en Bilbao2012-11-13 17:30:00

Noticias relacionadas

Os mellores de 20092011-06-28 10:54:34
Lecturas para un verán2010-11-04 13:01:46
Presentación de PEL CON PEL2011-03-18 10:22:24
O soño de Simbad2011-05-04 14:04:15
Nós, tamén escritoras2011-05-04 14:04:15
Presentouse IN VINO VERITAS2011-11-29 09:40:28
Actos de Galaxia no Festigal2012-03-27 10:32:07
Conversas con Simbad2012-11-05 15:03:59

Actividades relacionadas

Sinatura de Francisco Castro2008-07-02 20:30:00
Sinatura de Francisco Castro2011-07-27 20:00:00
IN VINO VERITAS en Rianxo2011-10-28 20:30:00
Presentación de O NENO CAN2012-05-16 12:30:00
Sinatura de Francisco Castro2012-05-27 18:00:00
"Conversas con Simbad"2012-09-20 18:30:00
Francisco Castro en Bilbao2012-11-13 17:30:00

Novidades

A retranca. Un intento de clarificaciónFélix Caballero Wangüemert
Dos meus recordosManuel García Barros
EnredosManuel García Barros

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR