Estás aquí:

Código: 18460

De rosa antiga

16,60  IVE INCLUIDO
De rosa antiga pretende celebrar as vodas de ouro de Helena Villar Janeiro coa poesía (1972-2022);
unha escolma que poida ser mostra significativa do que leva dado de si a polifonía dun canto que se iniciou hai cincuenta anos, con Alalás (1972). Poeta serodia e non doada de situar nun grupo establecido, participou no Colectivo Cravo Fondo (1979), cando as mulleres non interviñan nestas experiencias comunitarias, e escribiu un dos primeiros poemarios femininos de contido erótico. Da voz intimista do inicio, a súa obra evolucionou cara a novas temáticas e ritmos, desde a poesía mínima dos inicios, que culminou nos haikus, ata contidos de carácter social ao redor das perspectivas feminista, ecoloxista e solidaria coa dor de todos os exilios.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 156
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 220 x 160 mm.
Colección: Dombate
Nº na colección: 106
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-922-5
Observacións:

AUTORES/AS

Villar Janeiro, Helena
HELENA-VILLAR

(Becerreá, 1940) licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid. Cultivou a poesía e a narración, con atención particular á literatura infantil e xuvenil. Presidiu a Fundación Rosalía de Castro, foi secretaria do Pen Club de Galicia e formou parte do Plenario do Consello da Cultura Galega. É socia de Honra de Gálix (2015) e da AELG, de quen recibiu o E de escritora (2016), e académica correspondente da Real Academia Galega desde 2017.

Recibiu, entre outros, os premios de poesía, Xosé Mª Chao Ledo (1990), Eusebio Lorenzo Baleirón (1992), Xacobeo (1994), o accésit do M. González Garcés (1994) e Arume de Poesía Infantil (2003).

Foto da autora: © Laura Guizán

As súas obras

Viaxe a Illa Redonda
viaxe illa
10.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Dombate

17 segundos
9788491516309
18.70€ CON IVE
A herdade
9788491517702
12.90€ CON IVE
A abertura da boca
9788491517481
12.00€ CON IVE
Antese
9788491517870
12.90€ CON IVE
Árbores no deserto
arbores-no-deserto
15.90€ CON IVE
As flores do baleiro
As flores do baleiro OBRADOIRO 7 mm.indd
14.00€ CON IVE
Baleas e baleas
baleas-e-baleas
13.95€ CON IVE
Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas
9788491519447
13.95€ CON IVE