Rega Jul, Irene

Irene-Regal-Jul-196x220
Rega Jul, Irene

Naceu en San Cibrao en xaneiro de 1996.

Estudou o Grao de Educación Primaria na Unversidade de Santiago de Compostela.

Desde os 16 anos comezou a participar en escolmas de verso e prosa, en Diversidad Literara e ACEN, gañando algúns concursos.

En xuño de 2022 gañou a sexta edición do Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 con O libro dos corazóns rotos (editada en Galaxia como A malferida). Segundo o xurado: «Cunha linguaxe coidada, pero moi directa consegue transmitir un fondo desacougo no tratamento dun tema tan delicado como o do acoso escolar. A autora arrisca no seu desenvolvemento e na denuncia social da sociedade contemporánea».

As súas obras

Tecendo redes
9788411761550
19.50€ CON IVE
A malferida
9788491519546
18.20€ CON IVE