A Editorial Galaxia estará un ano máis na décimo cuarta edición de Culturgal, que baixo o lema A cultura que toca, celebrarase do 26 ao 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Galaxia estará no Espazo Libro, o paraíso para as amantes do libro e da lectura, anunciando as súas últimas novidades, premios de ano, encontros e conversas cos nosos autores e autoras… Velaquí toda a nosa programación:
Sábado 27 de novembro
ESPAZO LIBRO
13:15 h. Presentación de A historia do cómic en Galicia, de Octavio Beares. Conversa do autor con Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
13:45 h. Premios da Deputación da Coruña. Lecturas comentadas. Coa participación de Xosé Ricardo Losada Vicente, gañador do Premio Torrente Ballester 2020, con O rosario e a buguina, Xosé A. Neira Cruz, premio Raíña Lupa 2020, con O enigma de Santiago, e Daniel Asorey, gañador ex-aequo do Premio González Garcés 2020, . Introduce o deputado de Cultura, Xurxo Couto e conduce o acto a xornalista Ana Cabaleiro.
19:00 h.
-Presentación de Misarela, de Rodrigo Costoya. Acompañando o autor, estarán Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
-Presentación da Colección Guión. Conversa arredor de Aura 1964, de Ignacio Vilar, con Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
-Conversa do xornalista Ramón Rozas con Arantza Portabales sobre A vida secreta de Úrsula Bas.
Domingo 28 de novembro
ESPAZO LIBRO
20:00 h. Conversas Galaxia.
-“A normalidade do non común”. Conversa con Nee Barros arredor de Identidade, coa xornalista Teresa Cuíñas.
-Presentación da Colección Teatro de Editorial Galaxia. Conversa con Cándido Pazó sobre Fillos do sol, moderada por Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
-“Unha Galaxia de premios”: Conversa con Xosé Monteagudo, autor de Eternity, Premio Repsol, e con Alberto Lema, autor de Pazo de inverno, Premio García Barros, conducida por Carlos Lema, director de edicións de Editorial Galaxia.
Todo o programa está dispoñible en cultur.gal, o mesmo que as entradas para a Feira, a prezos populares. Non faltedes!