Estás aquí:

Código: 556

O rosario e a buguina

17,15  IVE INCLUIDO
Premio Torrente Ballester 2020
Enfermo de tuberculose, o poeta Manoel Antonio pasa os últimos días de vida na súa casa de Asados, coa única compañía da nai, dona Pura. A morte preséntase cedo e con ela o conflito de recibir a extrema unción, que é o desexo da nai, pero o fillo négase. El tamén ten unha petición: que dona Pura consinta que lle lea o primeiro e o derradeiro poema de De catro a catro, estrofa a estrofa, para que el poida explicarlle, non ese libro, senón o sentido último da súa vida e a necesidade obsesiva de ser poeta. O rosario e a buguina novela a relación entre eles, baseada ata entón nos silencios e nas carencias afectivas, que deberán superar a pesar das súas antagónicas concepcións do mundo. A ideoloxía conservadora da nai fronte ás ideas revolucionarias do fillo, a moral cristiá en contraposición a unha vida disipada e inmatura e, por riba de todo, o amor que se profesan aínda que lles custe demostralo. Unha historia profunda, onde se mesturan os sentimentos a través das dúas voces protagonistas do relato que se enfrontan á morte de maneiras moi distintas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 160
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 432
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-728-3
Observacións:

AUTORES/AS

Losada, Xosé Ricardo
2-Xose-Ricardo-Losada-©Tonio-Figueira-Losada-196x220

Xosé Ricardo Losada (Rianxo, 1961) é profesor de Filosofía no Instituto Félix Muriel de Rianxo. En 2005 publicou o libro de relatos O xene da chuvia. Tamén é autor de Dez anos de poesía. Premio Faustino Rey Romero (2008) e de Fausti­no Rey Romero: obra poética e teolóxica (2013), libro sobre a obra completa do crego poeta. Resultado deses traballos de investigación, deu ao prelo a biografía Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo (2015) e en 2018 Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego. A súa primeira novela, Bótame deste mar fóra, saíu á luz en 2017. Con A casa xunto ao volcán gañou o Premio Viadutos de Novela 2019.

As súas obras

Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego
manuel-antonio
16.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
17.15€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
25.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
20.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
15.50€ CON IVE