ignacio-vilar

Ignacio Vilar (Castrofolla, Petín de Valdeorras). Aos dezaoito anos trasladouse a Cataluña, onde colaborou na creación dunha escola de cine na Universitat de Barcelona. En 1989 recibiu o Premio Carlos Velo polo guión Ollo birollo e en 1990 fundou a produtora Vía Láctea Filmes, para a que dirixe curtametraxes e longametraxes cinematográficos. Entre a súa filmografía destaca a longametraxe A esmorga (2014, producida tamén por Editorial Galaxia), baseada na novela de Eduardo Blanco Amor, primeira longametraxe rodada en galego e nominada aos Premios Goya ao Mellor Guión Adaptado, e premiada no XX Festival du Cinéma Espagnol de Toulouse ao Mellor Director (ad hoc), Mellor Interpretación Masculina e Mellor Fotografía. Outras das súas longametraxes son Ilegal (2003), Un bosque de música (2004), Pradolongo (2008), Vilamor (2012), Sicixia (2016) e María Solinha (2020). En 2015 recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu compromiso no fomento da lingua e cultura galegas. A fotografía do autor ten autoría: © Xurxo Lobato


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

9788491517184
mercar
Aura 1964
O Sagrado contra a Democracia: España no espello.14,90€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491517160O cemiterio de barcosFrancisco Castro
9788491517184Aura 1964Ignacio Vilar
9788491517122Viches iso?José Arcas
grial-230Grial 230 VV.AA.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR