14,90€

mercar
Etiquetas: , , , ,

Aura 1964

Ignacio Vilar

O Sagrado contra a Democracia: España no espello.

Corre o ano 1964 e a ditadura celebra os seus “25 años de paz”. Siro, un adolescente dunha aldea da alta montaña galega, ingresa nun internado relixioso, onde fai amizade con Cosme e Berto, nun ambiente dominado polo adoutrinamento, a mentira e a aldraxe da dignidade en nome de Deus e da patria fascista, que fai que o protagonista abandone a adolescencia e se mergulle na violenta e opresiva realidade do mundo adulto daquel tempo.

Editorial Galaxia publica agora o guión cinematográfico do filme, escrito e dirixido por Ignacion Vilar, un proxecto apoiado polo Creative Europe Media (programa deseñado para o apoio do cinema europeo).

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 178
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 02/09/2021
  • Colección : Guión
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-718-4
  • Edición :
  • Nº na colección : 1
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Autor/a

Vilar, Ignacio
(Castrofolla, Petín de Valdeorras). Aos dezaoito anos trasladouse a Cataluña, onde colaborou na creación dunha escola de cine na Universitat de Barcelona. En 1989 recibiu o Premio Carlos Velo polo guión Ollo birollo e en 1990 fundou a produtora Vía Láctea Filmes, para a que dirixe curtametraxes e longametraxes cinematográficos. Entre a súa filmografía destaca a longametraxe A esmorga (2014, producida tamén por Editorial Galaxia), baseada na novela de Eduardo Blanco Amor, primeira longametraxe rodada en galego e nominada aos Premios Goya ao Mellor Guión Adaptado, e premiada no XX Festival du Cinéma Espagnol de Toulouse ao Mellor Director (ad hoc), Mellor Interpretación Masculina e Mellor Fotografía. Outras das súas longametraxes son Ilegal (2003), Un bosque de música (2004), Pradolongo (2008), Vilamor (2012), Sicixia (2016) e María Solinha (2020). En 2015 recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu compromiso no fomento da lingua e cultura galegas. A fotografía do autor ten autoría: © Xurxo Lobato


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR