(Castrofolla, Petín de Valdeorras). Aos dezaoito anos trasladouse a Cataluña, onde colaborou na creación dunha escola de cine na Universitat de Barcelona. En 1989 recibiu o Premio Carlos Velo polo guión Ollo birollo e en 1990 fundou a produtora Vía Láctea Filmes, para a que dirixe curtametraxes e longametraxes cinematográficos. Entre a súa filmografía destaca a longametraxe A esmorga (2014, producida tamén por Editorial Galaxia), baseada na novela de Eduardo Blanco Amor, primeira longametraxe rodada en galego e nominada aos Premios Goya ao Mellor Guión Adaptado, e premiada no XX Festival du Cinéma Espagnol de Toulouse ao Mellor Director (ad hoc), Mellor Interpretación Masculina e Mellor Fotografía. Outras das súas longametraxes son Ilegal (2003), Un bosque de música (2004), Pradolongo (2008), Vilamor (2012), Sicixia (2016) e María Solinha (2020).
En 2015 recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu compromiso no fomento da lingua e cultura galegas.
A fotografía do autor ten autoría:
© Xurxo Lobato