candido-pazo

Cándido Pazó (Vigo, 1960), é autor, adaptador e director teatral, ademais de actor e narrador oral. Asinou numerosas pezas orixinais, como A Piragua, O bululú do linier, García, As do peixe e Vida de cans, ou adaptadas, como Commedia, Nano e A galiña azul, sendo especialmente notoria a súa versión escénica de Memorias dun neno labrego, na que tamén é actor. Escribiu e dirixiu para diversas compañías galegas, como Ollomoltranvía, da que foi un dos fundadores, ou o CDG, e colabora habitualmente con Talía Teatro e Tanxarina Títeres. As súas pezas acadaron varios premios Max e numerosos María Casares, e pola súa traxectoria é Xograr de Outono do FIOT de Carballo, Premio Vidal Bolaño da Mostra Internacional de Ribadavia, Premio Xiria de Cangas e en 2014 recibiu o Premio da Cultura Galega. Actualmente é o dramaturgo habitual da súa compañía Contraproducións.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

9788491516460
mercar
Fillos do sol
Elucubración escénica nun acto e un epílogo11,75€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

grial-230Grial 230 VV.AA.
9788491517108Notas sobre a extinciónMarta Dacosta Alonso
9788491516507Anacos da vidaVíctor Rivas
9788491517115O asubío do avóÁngeles Goás

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR