Estás aquí:

Código: 1980

O futuro é posible

29,75  IVE INCLUIDO
Retrato dun tempo de cambio. Galicia (1998-2009)
Este libro de Emilio Pérez Touriño recolle a memoria dun período recente da historia da Galicia contemporánea contado en primeira persoa polo autor.

O libro nace como resposta á gran débeda contraída coa maioría social do país, cos que apostaron polo cambio en 2005 e cando menos, cos 795.200 galegas e galegos que apoiaron a coalición de goberno nas eleccións autonómicas de 2009. Porque, en opinión do autor, todos e cada un deles merecen unha explicación que non se lles deu. Porque teñen dereito a coñecer as razóns, os feitos, o transcurso dun proxecto no que tiñan depositadas tantas expectativas que non se puideron prolongar.

As páxinas de O futuro é posible non son nin unhas memorias nin un texto de socioloxía política. Pretenden ser a historia dun traxecto, o percorrido dunha experiencia compartida contada en primeira persoa, tal e como a viviu e a percibiu o autor e, polo tanto, con toda a súa carga de subxectividade, asumindo o risco de equivocarse. Foron escritas dende o compromiso de non edulcorar nada do acontecido e sen fuxir da autocrítica necesaria. E sobre todo, coa esperanza de que este libro poida ser útil a todos aqueles que seguen soñando coa mellor Galicia e dende a mesma convicción de que o futuro é posible.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 484
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 13/11/2012
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Memoria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-466-0
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

Pérez Touriño, Emilio
Emilio

Emilio Pérez Touriño (A Coruña, 1948) é doutor en Ciencias Económicas e profesor numerario na USC. Autor de numerosos traballos, entre os que destaca Economía campesiña e capital: a evolución da agricultura galega (1960-1980), foi Premio Nacional de publicacións agrarias en 1982 co estudo Análisis de la pequeña producción campesina. Máis recentemente, publicou A Galicia emprendedora e En clave de país e, no 2012, dirixiu El espacio eurorregional Galicia-Norte de Portugal. Crisis y perspectivas.

Comprometido cos movementos democráticos de loita polas liberdades, participou directamente no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos Pactos do Hostal. Subsecretario do Ministerio de Transportes e secretario xeral de Infraestruturas entre 1985 e 1994, foi secretario xeral do PSdeG de 1998 a 2009, e presidente da Xunta de Galicia durante o período 2005-2009.

As súas obras

O futuro é posible
futuro
29.75€ CON IVE

COLECCIÓN

Memoria

A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981
conquista
23.80€ CON IVE
A Galicia de Montevideo
galicia
23.80€ CON IVE
Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968
derby
22.95€ CON IVE
Álvaro de las Casas. Biografía e documentos
alavaro de casas
23.05€ CON IVE
Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado
antonio tovar
21.90€ CON IVE
Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.indd
28.30€ CON IVE
Artigos en La Nación
artigos na nacion
17.60€ CON IVE
As cartas do destino
cartas do destino
20.20€ CON IVE