Onte foi en Ourense onde o expresidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, acompañado do profesor Xosé Ramón Quintana Garrido e do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, presentou as súas memorias políticas tituladas "O futuro é posible".
Como xa aconteceu nas outras presentacións celebradas, o público non quixo perder a visión, privilexiada, sobre uns episodios importantes da nosa realidade máis actual, da primeira man dun dos seus protagonistas máis sobranceiros.
No noso blogue deixamos unha fotogalería da xornada.