O Congreso Valentín Paz-Andrade, organizado pola Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e o Concello de Pontevedra, analiza desde hoxe e ata o sábado 15 a vida e a obra do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012.
Intervirán biógrafos do homenaxeado, como Charo Portela, Tucho Calvo ou Xan Carballa (autor da "Biografía de Valentín Paz-Andrade"); especialistas da crítica literaria, como Xesús Alonso Montero ou Xosé Luís Axeitos e ensaístas da historia e da política, como Emilia García López, Xosé Manuel Beiras ou Xusto Beramendi, entre outros.
Un bo xeito de pechar un ano dedicado a quen fixo de Galicia, bandeira creativa.