Este venres, na Biblioteca Infantil e Xuvenil da rúa Durán Loriga da Coruña, presentaremos o libro de Dores Tembrás, 'O peizoque Roque', ilustrada por Xosé Tomás. Autora e ilustrador participarán nun acto no que o fermoso paxariño cobrará, de novo, vida, entre as poéticas liñas dunha historia de amor ás palabras e de agarimo pola vida. Porque Roque quere alimentarse. Pero de verbas con sabor e con zume gorentoso.
De certo que todos os cativos e cativas que se acheguen pola biblioteca han saír igual de ben alimentados de significados marabillosos que Roque. Nunca tal se vira dentro do bosque!