Novo encontro en Pontevedra arredor das memorias de Pérez Touruiño

Categoría: Nova

En menos dun mes sairá do prelo a segunda edición de "O futuro é posible", libro de reflexión e memorias no que o expresidente da Xunta de Galicia, o socialista Emilio Pérez Touriño, repasa a súa experiencia á fronte do goberno de coalición (PSdeG-BNG, 2005-2009) e mesmo as últimas décadas de socialismo galego, dende que en 1998 sustituí a Francisco Vázquez á fronte da secretaría xeral do Partido Socialista de Galicia-PSOE.
Na Casa das Campás, en Pontevedra, nun acto organizado polo Ateneo da cidade do Lérez, o autor encheu o salón para comentar co editor e xornalista Damián Villalaín algunhas das propostas e análise que se formulan nas 460 páxinas: a necesidade de traballar cara ao futuro, "que como di o título: é posible", construíndo unha cultura común necesaria entre a socialdemocracia galeguista e o nacionalismo democrático, "as dúas grandes correntes de alternativa que a sociedade galega ten á derrota dominante".
"Son case quince anos de historia política e, ao mesmo tempo, un motivo para a reflexión", comentou o presentador. "Un libro escrito con valentía e con espírito crítico, mais tamén dende a subxectividade de quen asume un compromiso e intenta poñelo en marcha e defendelo".
Un libro que os lectores agradecen, pois da pé a non poucos debates sobre a actuación política nese período e, sobre todo, sobre o posible horizonte para as formacións que no seu momento asumiron o goberno de coalición. O público interveu no coloquio con moito interese, como sucedeu en Ourense e en Santiago de Compostela.
No noso blogue deixamos unha pequena galería de fotos da xornada.