Pérez Touriño, Emilio

Emilio
Pérez Touriño, Emilio

Emilio Pérez Touriño (A Coruña, 1948) é doutor en Ciencias Económicas e profesor numerario na USC. Autor de numerosos traballos, entre os que destaca Economía campesiña e capital: a evolución da agricultura galega (1960-1980), foi Premio Nacional de publicacións agrarias en 1982 co estudo Análisis de la pequeña producción campesina. Máis recentemente, publicou A Galicia emprendedora e En clave de país e, no 2012, dirixiu El espacio eurorregional Galicia-Norte de Portugal. Crisis y perspectivas.

Comprometido cos movementos democráticos de loita polas liberdades, participou directamente no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos Pactos do Hostal. Subsecretario do Ministerio de Transportes e secretario xeral de Infraestruturas entre 1985 e 1994, foi secretario xeral do PSdeG de 1998 a 2009, e presidente da Xunta de Galicia durante o período 2005-2009.

As súas obras

Crise Global e crise da política. Unha ollada dende Galicia
Crise global e crise da política
22.95€ CON IVE
O futuro é posible
futuro
29.75€ CON IVE