A literatura galega brilla esta fin de semana! Do 29 de novembro ao 1 de decembro, Editorial Galaxia estará presente no Culturgal 2024, un dos maiores encontros do ano da cultura galega, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A nosa programación inclúe presentacións literarias que conectan lectores con autores, historias e reflexións. Esta é unha oportunidade perfecta para descubrir as novidades editoriais, participar en debates e levar o voso exemplar asinado.
Programación de presentacións:
📚 Venres, 29 de novembro, ás 19 h:
MESA DE POESÍA con Pilar García Rego, autora de Desaparecer; Masha Álvarez, autora de Dakota, Premio Victoriano Taibo; e Medos Romero, autora de As flores do baleiro.
Acompañando as autoras, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
📚 Sábado, 30 de novembro:
MESA DE LIX, ás 12 h, con David Cortizo Conde, autor de Púrpura tero, Rosalía Fernández Rial, autora de Fóra de campo, Premio Roberto Vidal Bolaño; e Sandra Lodi, autora de Papóns, Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado.
Acompañando as autoras, estará María Pereira, directora de Merlín Comunicación.
Ás 17 h. Sinatura con Neves Rodríguez, no stand da libraría Paz, arredor de Cuspindo miserias.
Ás 19 h. Sinatura con Lara Dopazo Ruibal arredor de Contos gringos, e Iria Collazo López arredor de Os mortos que amei.
MESA DE NARRATIVA, ás 20 h, con Ana Varela Miño, autora de Runrún; Miriam Couceiro Castro, autora do libro De óxido e diamantes; Lara Dopazo Ruibal, autora de Contos gringos; e Iria Collazo López, autora de Os mortos que amei.
Acompañando as autoras, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
📚 Domingo, 1 de decembro, ás 16 h:
Presentación de Premio, Deputación da Coruña. Presentación dos premios Murguía, Arte dexenerada galega, de Blanca Paula Rodríguez Garabatos; Torrente Ballester, Sábeme a salamántiga o ceo da boca, de César Cequeliños, e Rafael Fernández Lorenzo, Premio Raíña Lupa, e Natividade González, deputada de Cultura da Deputación de Coruña. Modera Susana Pedreira.
Haberá unha sinatura posterior no stand.
Ademais, visitando o noso stand, poderás coñecer todo o catálogo de Editorial Galaxia, dende os grandes clásicos ata as últimas publicacións.
Todo o programa está dispoñible premendo aquí. Agardámoste para celebrar xuntos o poder dos libros!