García Rego, Pilar

Pilar García Rego
García Rego, Pilar

(Teo, 1966) é comunicadora e xornalista. Desenvolve o seu traballo na TVG desde 1989 en programas culturais como Cousas da lingua, Alalá, No bico un cantar e, desde hai máis dunha década, conduce Zigzag Diario.

É autora do guión A casa do barqueiro, proxecto de longametraxe (2002) e foi guionista/editora de series de televisión como Rías Baixas, Libro de familia e O faro.

Publicou os poemarios Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros (2019), Humanario (Galaxia, 2021) e War is over (2024), colaborou no Manifesto 25N. 30 voces pola eliminación da violencia contra a muller (2021) e na antoloxía de xénero Así fala Penélope (2021).

Foto da autora © Carme Cerviño

As súas obras

desaparecer
Desaparecer OBRADOIRO 8mm.indd
14.50€ CON IVE
Humanario
9788491516361
13.95€ CON IVE