desaparecer
é a derriba
pero tamén a contenda
a muda imprecisa cara ao retorno
[Este libro foi escrito durante un proceso difícil, trastornado, nun movemento de precesión, expulsivo]
En que consiste a valentía?
(Teo, 1966) é comunicadora e xornalista. Desenvolve o seu traballo na TVG desde 1989 en programas culturais como Cousas da lingua, Alalá, No bico un cantar e, desde hai máis dunha década, conduce Zigzag Diario.
É autora do guión A casa do barqueiro, proxecto de longametraxe (2002) e foi guionista/editora de series de televisión como Rías Baixas, Libro de familia e O faro.
Publicou os poemarios Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros (2019), Humanario (Galaxia, 2021) e War is over (2024), colaborou no Manifesto 25N. 30 voces pola eliminación da violencia contra a muller (2021) e na antoloxía de xénero Así fala Penélope (2021).
Foto da autora © Carme Cerviño