Fernández Rial, Rosalía

rosalia-fernandez-bocixa
Fernández Rial, Rosalía

(Muxía, 1988) é filóloga, doutora en Didáctica das Linguas e da Expresión Dramática pola USC e performer.

Dedícase á escrita desde moi nova e, como poeta, publicou os libros En clave de sol (2009), Átonos (2011), Un mar de sensacións (2012), Vinte en escena (2012, 2014), Ningún amante sabe conducir (2014), Contra-acción (2016) e a antoloxía bilingüe Sacar a bailar. Poesía reunida (2009-2016) e Árbores no deserto (Galaxia, 2020). No ámbito da narrativa publicou Bonus Track (Galaxia, 2016), e no do ensaio, o seu traballo Aulas sen paredes (2016) un libro-DVD sobre unha metodoloxía innovadora no ámbito da didáctica das linguas que mereceu o Premio á Mellor Iniciativa Bibliográfica da II Gala do Libro Galego en 2017. En 2024 publica, na colección de Biblioteca de Intervención Social, Mover ficha. É gañadora do Premio Roberto Vidal Bolaño 2024 por Fóra de campo.

As súas obras

Fóra de campo
9788411763219
10.50€ CON IVE
Mover ficha. Proposta didáctiva para as aulas de linguas e literatura
9788411762052
21.90€ CON IVE
Árbores no deserto
arbores-no-deserto
15.90€ CON IVE
Bonus Track
bonus-track
16.70€ CON IVE