PREMIO ROBERTO VIDAL BOLAÑO 2024
Nere, @nerenao para as escasas seguidoras de Instagram, é unha moza dilixente e vivaz que adora as súas amigas e se leva ben coas compañeiras do equipo de vólei. É unha adolescente máis, unha estudante máis dun instituto máis, coma calquera outra.
Pero todo cambia cando Gladius, o influencer máis admirado pola comunidade, repara nela. En canto lle pide participar na súa nova serie, a vida dálle un xiro radical. Entra no reino das elixidas e nada volve ser coma antes.
Fóra de campo enfoca o que fica alén do plano, o que se pode intuír pero non se ve, nese espazo onde se revela a cara oculta das redes sociais, o poder das contendas cotiás, os fíos que unen as mulleres que non se deixan enredar.
Fóra de campo fala unha linguaxe contemporánea onde conflúen as artes escénicas, plásticas e musicais.
(Muxía, 1988) é filóloga, doutora en Didáctica das Linguas e da Expresión Dramática pola USC e performer.
Dedícase á escrita desde moi nova e, como poeta, publicou os libros En clave de sol (2009), Átonos (2011), Un mar de sensacións (2012), Vinte en escena (2012, 2014), Ningún amante sabe conducir (2014), Contra-acción (2016) e a antoloxía bilingüe Sacar a bailar. Poesía reunida (2009-2016) e Árbores no deserto (Galaxia, 2020). No ámbito da narrativa publicou Bonus Track (Galaxia, 2016), e no do ensaio, o seu traballo Aulas sen paredes (2016) un libro-DVD sobre unha metodoloxía innovadora no ámbito da didáctica das linguas que mereceu o Premio á Mellor Iniciativa Bibliográfica da II Gala do Libro Galego en 2017. En 2024 publica, na colección de Biblioteca de Intervención Social, Mover ficha. É gañadora do Premio Roberto Vidal Bolaño 2024 por Fóra de campo.