Este non é un libro de texto, non é un manual de instrucións, non pretende ser exemplo de nada, non sabe a receita didáctica.
Só sostén entre as mans un reto quen vai á escola con ganas de xogar. Se tes medo a dubidar, MOVE FICHA!
Se cres que cada xeración le menos cá anterior: MOVE FICHA! E que treman os andeis que están por construír! Move ficha: antes de cubrir ocos con caixóns gramaticais, logo de non querer trabucarte. Non repartas fichas iguais.
Viste o disfrace de docente e sae brincar.
Entra ao colexio bailando. Contaxia aos demais.
Volve empezar. MOVE FICHA!
(Muxía, 1988) é filóloga, doutora en Didáctica das Linguas e da Expresión Dramática pola USC e performer.
Dedícase á escrita desde moi nova e, como poeta, publicou os libros En clave de sol (2009), Átonos (2011), Un mar de sensacións (2012), Vinte en escena (2012, 2014), Ningún amante sabe conducir (2014), Contra-acción (2016) e a antoloxía bilingüe Sacar a bailar. Poesía reunida (2009-2016) e Árbores no deserto (Galaxia, 2020). No ámbito da narrativa publicou Bonus Track (Galaxia, 2016), e no do ensaio, o seu traballo Aulas sen paredes (2016) un libro-DVD sobre unha metodoloxía innovadora no ámbito da didáctica das linguas que mereceu o Premio á Mellor Iniciativa Bibliográfica da II Gala do Libro Galego en 2017. En 2024 publica, na colección de Biblioteca de Intervención Social, Mover ficha. É gañadora do Premio Roberto Vidal Bolaño 2024 por Fóra de campo.