(Ordes, 1985). Escritora, socióloga e doutora pola Universidade da Coruña, comezou a súa traxectoria literaria como autora de ensaio, influída polas historias de vida, os métodos de investigación social cualitativos e o feminismo. Na actualidade céntrase en proxectos vinculados co relato e a novela, con forte influencia do feminismo radical, da mística do cotián e do xeito en que as mulleres articulan a vida. Coruñesa de adopción, busca escenarios literarios en lugares como os taxis, as paradas de bus, os trens, os avións e os tanatorios.
Este é o seu debut na ficción tras o ensaio A Galiza feminista. Tebras e alboradas (Galaxia, 2021).