Estás aquí:

Código: 18975

De óxido e diamantes

16,35  IVE INCLUIDO

Se preguntades a calquera muller que algunha vez amase a outra sobre que son as tormentas e que representan as pantasmas, é probable que vos digan que as dúas chegan sempre de noite e co único obxectivo de facer ruído e romper a paz. 

As pantasmas e as tormentas espértannos igual que unha chamada de madrugada, como lle sucedeu a Joan Baez aquela noite, cando unha pantasma falou ao outro lado do teléfono. 

Maia tardou en comprender que as tormentas e as pantasmas chegan de noite porque queren ese ruído para que todas as miremos, porque pensan que brillan, mais entre o fulgor dos diamantes sempre asoma o óxido. 

Maia e Brianda van ser as vosas compañeiras nesta noite de tormenta e camiñarán con vós ata o amencer. Pulsade o botón de inicio e poñede “Diamonds and Rust”. 

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 136
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 10/10/2024
Dimensións 150 x 230 mm.
Colección: Literaria Ronsel
Nº na colección: 8
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-334-9
Observacións:

AUTORES/AS

Couceiro Castro, Miriam
Miriam Couceiro

(Ordes, 1985). Escritora, socióloga e doutora pola Universidade da Coruña, comezou a súa traxectoria literaria como autora de ensaio, influída polas historias de vida, os métodos de investigación social cualitativos e o feminismo. Na actualidade céntrase en proxectos vinculados co relato e a novela, con forte influencia do feminismo radical, da mística do cotián e do xeito en que as mulleres articulan a vida. Coruñesa de adopción, busca escenarios literarios en lugares como os taxis, as paradas de bus, os trens, os avións e os tanatorios. 

Este é o seu debut na ficción tras o ensaio A Galiza feminista. Tebras e alboradas (Galaxia, 2021).

As súas obras

A Galiza feminista. Tebras e alboradas
9788491516255
17.30€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria Ronsel

A discreta beleza dos tulipáns
9788411762175
16.45€ CON IVE
A vida a arder
A vida a arder
18.50€ CON IVE
Amar / Azar
9788411764773
17.65€ CON IVE
AS HUMIDADES
As humidades
22.60€ CON IVE
As vidas do río
9788411761925
21.60€ CON IVE
Birken
9788411763707
15.20€ CON IVE
Cando marchan as luces
9788411764117
16.85€ CON IVE
CATRO VIAXES DE ELENA FAHLBUSCH
Catro viaxes de Elena Fahbusch
20.60€ CON IVE