Iria Collazo presenta “A muller de mentira” na Feira do Libro de Vigo

Hoxe, mércores 1 de xullo, ás 19:15 h, celebrarase na Feira do Libro de Vigo, na Praza de Compostela, un encontro con Iria Collazo López arredor de A muller de mentira, obra gañadora do Premio García Barros 2026. Acompañando a autora, estará Marcos Calveiro, director xeral de Editorial Galaxia; e David Cortizo (Editorial Galaxia). A […]

Palestra “Ramón Otero Pedrayo e a Editorial Galaxia”, en Nigrán

Hoxe, venres, 14 de novembro, ás 19:30 h, no Cine Municipal de Nigrán (Centro Comercial da Ramallosa), celebrarase a palestra Ramón Otero Pedrayo e a Editorial Galaxia. A conferencia será impartida por Patricia Arias Chachero, profesora, investigadora e conselleira do Consello de Administración de Editorial Galaxia; e introducida por Antón Mascato, editor. O Concello de […]

Editorial Galaxia, Premio da Cultura Galega 2025 na categoría de Letras

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2025 distinguiu a Editorial Galaxia na categoría de Letras, un recoñecemento que pon en valor a súa longa traxectoria ao servizo da cultura, da lingua e da literatura galegas. A editorial, fundada en 1950, celebra este ano o seu 75 aniversario, unha efeméride que coincide con este galardón […]

Víctor F. Freixanes, distinguido coa Medalla Castelao 2025

O escritor, editor e profesor Víctor F. Freixanes foi recoñecido coa Medalla Castelao 2025, unha das máximas distincións que concede a Xunta de Galicia a persoas e institucións pola súa contribución destacada á cultura e identidade galegas. Nado en Pontevedra en 1951, Freixanes desenvolveu ao longo de décadas unha traxectoria comprometida coa defensa e promoción […]