Este verán, desfruta da mellor novela policial galega en formato dixital coa oferta especial dispoñible na plataforma Google Books. Compra os tres títulos da serie dos inspectores Abad e Barroso e aforra un 15 %.
A serie, composta por Beleza vermella, A vida secreta de Úrsula Bas e O home que matou a Antía Morgade, consolidou a Arantza Portabales como unha das autoras máis lidas e recoñecidas do panorama literario galego e estatal. Cunha narrativa áxil, personaxes fondamente humanos e tramas cheas de tensión e intelixencia, estas obras capturan o mellor do xénero negro.
Porque hai historias que un precisa ter sempre a man, listas para abrirse nun vagón de tren, nun serán de praia ou nunha noite de insomnio. Agora, grazas a esta promoción especial, é posible mergullarse nas páxinas máis intensas da novela policial en galego cun aforro que tamén convida á lectura.
Se aínda non coñeces os inspectores Abad e Barroso, esta é a oportunidade perfecta para mergullarte no seu universo. E se xa os coñeces, sabes que cada reencontro paga a pena.
Descubre ou redescubre esta serie policíaca!
Xa dispoñible en Google Books premendo aquí.