A Editorial Galaxia participa un ano máis na Feira do Libro da Coruña cunha programación diversa que combina sinaturas, presentacións, conversas e obradoiros arredor das súas novidades máis destacadas. A cita celebrarase nos Xardíns de Méndez Núñez entre o 1 e o 10 de agosto, e contará coa presenza de autoras e autores de referencia da nosa literatura.
A continuación, detallamos a programación completa:
Venres 1 de agosto
18 h. Sinatura de Sentinelas no limiar das tebras, con Andrés Castro, Alexandre Senande e Ozo Perozo. Caseta da libraría Alita Cómics.
Sábado 2 de agosto
12:30 h. Sinatura de Punto de araña, Premio García Barros 2024, de Nerea Pallares. Caseta da libraría Galgo Azul.
19 h. Conversa “As killer Barbies”, con Arantza Portabales e Antía Yáñez.
20 h. Sinatura de Asasinato na casa rosa, con Arantza Portabales. Caseta da libraría Nobel.
Sinatura con Javier Fraiz, arredor de Amar / Azar. Caseta da secretaría da Feira.
Domingo 3 de agosto
20 h. Presentación de Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego, de Xesús Alonso Montero. Carpa 2. Acompañan: Olivia Rodríguez González, profesora, e Xosé Manuel Soutullo, director de Editorial Galaxia.
Martes 5 de agosto
20:15 h. Conversa con Samuel L. París arredor de O tenro é salvaxe. Acompaña: Tamara Andrés, directora da colección Dombate.
Mércores 6 de agosto
18:45 h. Mesa redonda “Mulleres Narradoras”, con Cynthia Menéndez (Son coma glaciares os barcos de aceiro), Ana Varela (Runrún) e Amalia Blanco (Cando marchan as luces). Modera: Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
19:15 h. Sinatura con Mónica Prego arredor de A carón do lume. Caseta da libraría Galgo Azul.
Xoves 7 de agosto
18:30 h. Sinatura con Óscar Reboiras arredor de A agonía das folerpas. Caseta da libraría Berbiriana.
Venres 8 de agosto
19 h. Sinatura con Paula Mayor arredor de Rosalía oculta. Caseta da libraría Komik.
Sábado 9 de agosto
18:30 h. Obradoiro “Unha viaxe con Rosalía”, arredor da banda deseñada Rosalía oculta, con Paula Mayor. Prazas limitadas.
19:45 h. Presentación de As bocas cosidas, de Marilar Aleixandre. Acompañan: Inma Otero, crítica literaria, e Marcos Calveiro.
20 h. Sinatura co tradutor Carlos Aymerich arredor de Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina, de Illán Pappé. Caseta da libraría Pedreira.
Domingo 10 de agosto
19 h. Presentación de Fóra de foco, de Cristina Pato. Carpa 2. Acompaña: Marcos Calveiro.
19:45 h. Conversa “Premios Galaxia”, con Fernando Castro Paredes (O lanzador de coitelos, Premio Galaxia de Novela) e Gabriel Romero (Odio, Premio Neira Vilas de Literatura Xuvenil 2025). Acompaña: Marcos Calveiro.
Convidámoste a compartir con nós estes encontros únicos, entre libros, voces e historias que nos axudan a ver o mundo con outros ollos.